Obxectivos

A búsqueda do obxectivo xeral enunciado reside no establecemento dos seguintes obxectivos específicos e sectoriais:

  • Aumentar o atractivo da euro-rexión basada no reforzo da cohesión territorial, económica e social, con accións innovadoras na cooperación transfronteiriza institucional sobre diversos dominios e temáticas.
  • Desenvolver servizos comúns na euro-rexión, a través da elaboración de estudos e propostas para a xestión integrada de equipamentos, estructuras e territorios compatibilizando instrumentos de ordenación do territorio.
  • Crear Instrumentos de xestión da cooperación de segunda xeración, constituíndo unha AECT Galicia Norte de Portugal, (Agrupación de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal)
  • Promover o establecemento e consolidación de redes de cooperación intermunicipal nos campos da xestión, ordenamento do territorio, desenvolvemento empresarial e da integración social.
  • Identificar modelos innovadores de xestión municipal. Marcados por criterios de eficiencia, racionalización e simplificación de procedementos, visando unha maior eficacia da organización municipal.