Presentación
PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO 0120_CTGNP_1_P, “Comunidade de Trabalho Galiza-Norte de Portugal”
A Dirección Xeral de Administración Local, xunto coa CCDR-N (Comissao de Coordenaçao e Desenvolvemento Regional do Norte) e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, participa como socio nun proxecto do programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, denominado 0120_CTGNP_1_P, “Comunidade de Trabalho Galiza-Norte de Portugal”, este proxecto se encadra dentro do POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal)
Os obxectivos que se pretenden co desenvolvemento deste proxecto, un proxecto europeo de segunda xeración de carácter inmaterial que permitirá implantar novos modelos de cooperación transfronteiriza nos que se persegue aumentar o atractivo da Euro-rexión, baseadas no reforzo da cohesión territorial, económica e social, dinamizando actores e accións innovadoras na cooperación transfronteiriza institucional sobre territorios e poboación.
O proxecto 0120_CTGNP_P_1(COMUNIDADE DE TRABALLO GALICIA NORTE DE PORTUGAL),
Aprobado na reunión do Comité de Xestión do 28 de xaneiro de 2009 da primeira convocatoria
Custe total do proxecto: 750.000€
FEDER total aprobado(75%) : 562.500€
Data inicio do proxecto: 1-01-2009
Data finalización do proxecto: 31-12-2010 (prorrogado hasta 31-12-2011)
Beneficiarios:
- CCDRN - Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte: 183.333,33 € (FEDER: 137.500,00€)
- Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea: 466.666,67€ (FEDER: 350.000,00€)
- Dirección Xeral de Administración Local: 100.000,00€ (FEDER: 75.000,00€)
Así as accións que realiza a Dirección Xeral de Administración Local, como beneficiario nº 2 do proxecto, consistirán en dotar de contido práctico a AECT Galicia-Norte de Portugal, coa realización das actividades de posta en marcha de novos modelos de xestión de servizos colectivos de proximidade, incorporando a posibilidade de xestionar conxuntamente os equipamentos sociais, culturais e deportivos de municipios transfronteirizos de Galicia e o Norte de Portugal.