noticias

volver »


Tue, 2011-08-16

A Cañiza, Tui e O Porriño compartirán servizos con municipios portugueses

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal compartirá equipamentos sociais, deportivos e culturais no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (Poctep) financiado nun 75 % con fondos Feder da UE.

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal compartirá equipamentos sociais, deportivos e culturais no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (Poctep) financiado nun 75 % con fondos Feder da UE. Así o sinalou onte o director xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Norberto Uzal, que subliñou a existencia de "desafíos comúns" que "requiren solucións innovadoras dentro do ámbito da cooperación transfronteiriza" e que teñen o seu marco legal nos acordos de colaboración entrambos países que se financian con fondos comunitarios. Uzal afirmou que a futura xestión compartida de equipamentos comezará en duas zonas. O eixo A Cañiza-Melgaço-Arbo compartirá o cámping municipal de A Cañiza, así como o centro deportivo e de ocio municipal de Melgaço.

No eixo Valença do Minho-Tui-O Porriño os equipamentos a compartir serían a Área Panorámica de Tui, o centro de deportes de O Porriño e o complexo da piscina municipal e pista de tenis de Valença. A Xunta ve na xestión e uso compartido destes equipamentos unha oportunidade para estimular a cooperación entre entidades da administración pública rexional" e a "promoción da integración entre poblacións" a un e outro lado da Raia.

A crise que estrangula aos concellos tamén se refiriu onte o alcalde da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández, quen culpou á Xunta de non atender a uns 50 municipios que están nunha situación extrema que se non cambia deberán deixar de prestar servizos. Nunha entrevista difundida por Europa Press, Fernández lamentou que o Goberno galego banalice falando dos soldos dos alcaldes e olvide o impulso ao pacto municipal que levaba no seu programa electoral.

Tamén se preguntou qué medidas adoptou Feijóo para propiciar a fusión de municipios da que sempre fala o PP. Este partido demandou onte a Fernández colaboración institucional "aínda que sexa no tempo de desconto", aludindo ao relevo previsto na Fegamp, cuxa presidencia ostentará un rexidor do PP.