noticias

volver »


Thu, 2011-07-28

Os veciños de Tui estrearán carné de «eurocidadáns»

O concello alíase con Valença para compartir servizos e atraer fondos

Os veciños de Tui e de Valença tenrán un carné de eurociudadáns que lles permitirá moverse coas mesmas oportunidades a ambos lados da fronteira. Os rexidores de ambos municipios acordaron onte fundirse nunha soa cidade para compartir servizos, crear outros novos e captar fondos de cooperación transfronteiriza da Unión Europea.

A constitución formal está prevista para o próximo outono. No mes de septembro, os plenos de ambos concellos deberán aprobar un protocolo para sentar as bases da futura colaboración.

Tui e Valença conxúranse así contra a crisis. Un dos obxectivos é evitar a duplicidade de inversións e fomentar a creación de equipamentos de uso compartido recibindo subvencións europeas para este fin.

Sobre a mesa hai propostas como a creación dunha policía local transfronteiriza, a colaboración en materia sanitaria e a dotación de infraestructuras comúns en materia social, cultural ou deportiva. «Xuntos seremos máis fortes, este é o camiño da verdadeira unión europea», comentaba onte o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

A futura eurocidade nace co beneplácito dos gobernos de ambas rexións. O director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, participou onte nunha xornada de posta en común para asesorar aos rexidores co fin de amoldarse ao escenario financieiro europeo de cooperación do 2014 ao 2020 e poder captar eses fondos previstos con estructuras ben preparadas. O exemplo de Verín e Cháves, que forman en Galicia e o norte de Portugal a primeira eurocidade, sempre estará presente nesta fase de constitución.

Tui e Valença xa deron exemplos de cómo unidos son capaces de defender os seus intereses comúns. A presión dos seus gobernos locais serviu recentemente para evitar o peche da liña ferroviaria entre Tui e Oporto.

Ao marxe de mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns, tamén terán outros frentes nos que mostrar a súa postura conxunta, según sinalaba onte Jesús Gamallo. Por exemplo, a reivindicación dun tren competitivo que una a ambas localidades coa cidade de Oporto e que reduza a metade as tres horas que dura o traxecto na actualidade. Outra petición na que Tui e Valença están de acordo é na necesidade de unificar os sistemas de pago nas carreteras.

As dúas cidades que unen a fronteira máis antiga da Unión Europea, e a máis transitada da península, porán así o colofón a máis de dez anos de intentos infructuosos por firmar esta alianza. Tras a súa constitución formal como eurocidade, a fronteira se haberá difuminado completamente.