noticias

volver »


Wed, 2011-07-27

Xornada de difusión dos modelos de cooperación transfronteirizo baseados na xestión conxunta de equipamentos sociais, culturais, turísticos e deportivos dentro do proxecto 0120_CTGNP_1_P

O día de 27 de xullo de 2011, celebrouse en Valença de Minho, unha xornada de traballo na que se trataron os novos modelos de xestión conxunta de equipamentos sociais, turísticos, deportivos e culturais dos dous lados fronteira encadrado no proxecto 0120-CTGN-P-1 (Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal), un proxecto europeo de cooperación transfonteiriza financiado con fondos FEDER nun 75%.

O espazo físico que compón a zona transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal, presenta unha serie de desafíos comúns, que requiren solucións innovadoras dentro do ámbito da cooperación transfronteiriza, está cooperación ten o seu marco legal no POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal), co que se persigue unha profundización e consolidación das relacións existentes, cun enfoque de segunda xeración onde primarán os proxectos inmateriais e a aposta pola competitividade, así agora non é tanto a realización de novas infraestruturas como a racionalización en posta en común das existentes no territorio transfronteirizo, polo que é necesario accións tendentes a desenvolver servizos comúns na euro-rexión, en particular, no dominio do ambiente e ordenamento do territorio para acadar unha xestión máis racional dos recursos da euro-rexión, a través da elaboración propostas para a xestión integrada de equipamentos, estruturas e territorios.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer e propoñer novos modelos de xestión de servizos colectivos de proximidade, contemplando a posibilidade de xestionar conxuntamente os equipamentos sociais, culturais turísticos e deportivos dos dous lados da fronteira.

A futura xestión compartida destes equipamentos aportaría unha serie de beneficios, que se poderían sintetizar en:

  • Unha estimulación e desenvolvemento de servizos comúns e xestión conxunta de equipamentos e servizos a través de proxectos específicos ou mediante a superación de restricións legais.
  • Un fomento da utilización compartida e en rede de equipamentos sociais, culturais e de ocio
  • Unha promoción dunha maior integración entre poboacións transfronteirizas
  • A dinamización da cooperación entre entidades da administración pública rexional, axentes económicos, sociais e culturais dos dous lados da fronteira.
  • Coa conseguinte valorización das infraestruturas, equipamentos e servizos localizados nos espazos transfronteirizos.

A xornada desenvolveuse na sede da antiga Alfándega da localidade de Valença de Minho, un edificio emblemático, pois pasou de ser o símbolo da vida de costas dos habitantes das dúas vilas transfronteirizas, Valença e Tui; a sede servizos trnsfronteirizos comúns como pode ser a rede de emprego europeo Eures.

Os asistentes entre os que se atopan o Presidente da Cámara Municipal de Valença de Minho, o alcalde de Tui, o director xeral de Administración Local e o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, a directora regional da Direcçao de Serviços de Apio Jurídico e da Administraçao Local da CCDR-N, o presidente de Uniminho, e presidente da Camara Municipal de Melgaço, a directora da AECT (Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal)  , alcaldesa de Tomiño, alcaldesa de Mos, alcaldes de A Guarda, O Rosal, O Porriño, A Cañiza, As Neves, vereadores de Viana do Castelo e de Camiña, o presidente e a vice-presidenta da Uniao Empresarial do Vale do Minho, administrador geral do Turismo do Porto de Norte de Portugal e técnicos e representantes dos concellos e cámaras municipais así como representantes do mundo empresarial das localidades transfronteirizas, ademais de sociedades culturais, deportivas e turísticas.

Na xornada púxose de manifesto o novidoso deste proxecto pois en todo o territorio europeo non existe unha xestión común de equipamentos transfronteirizos, para o que foi necesario coñecer o estado, situación e dispoñoñibilidade destes equipamentos e os servizos que ofrecen a cidadanía para poder despois pasar a xestión compartida por parte da poboación.  Elaborouse un proxecto de síntese da situación dos equipamentos e proponse, nunha primeira fase chegara acordo de protocolo de xestión de actuacións puntuais, para máis adiante crear a figura dun consorcio transfronteirizo baixo a capacidade de actuación do instrumento da AECT, como organismo que promoverá estas actuacións coordinadas de xestión compartida de equipamentos. Taménse tivo especial incidencia na prestación dun servizo e mobilidade e transporte transfronteirizo que achegaría modelo de xestión compartida de equipamentos a poboación. Como primeiras actuacións a realizar se propón a creación dun carnet transfronteirizo para todos os usuarios destes servizos e que supoñería combinar o uso destes equipamentos e o transporte para esa utilización, o que redundaría nun considerable aforro de recursos e unha optimización e racionalización dos existentes.

Para rematar a xornada de traballo, tivo lugar unha mesa redonda onde os asistentes  e autoridades expuxeron a necesidade de darlle continuidade a estas accións para chegar a implantación de varios proxectos piloto de xestión compartida de equipamentos.