noticias
Tue, 2011-08-16
Tui, Valença e Porriño xestionarán de forma compartida varios servizos
Afecta a Área Panorámica tudense, ao centro deportivo porriñés e un complexo luso
O Concello de Tui compartirá a xestión da Área Panorámica tudense con Valença do Miño e Porriño, dentro dun novo proxecto anunciado onte pola Xunta. A súa vez Porriño compartirá con Valença e Tui a xestión do Centro de Deportes e a Cámara de Valença o Complexo da Piscina Municipal e Court de Tenis de Valença.
O proxecto se enmarca nunha nova aposta da Xunta polos modelos de xestión conxunta de equipamentos sociais, turísticos, deportivos e culturais entreconcellos dos dous lados da fronteira galaico-portuguesa, encadrada no proxecto europeo de cooperación transfonteiriza da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal, financiado cos fondos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) nun 75 por cento.
Ademáis desta área, o director xeral de Administración Local da Xunta, Norberto Uzal, presentou a do eixo A Cañiza-Arbo- Melgaço para comezar a xestión compartida no campo dos equipamentos sociais, culturais e deportivos. Neste eixo os equipamentos a compartir serían o Camping Municipal de A Cañiza "Carballo do Marco" e Centro deportivo e de ocio municipal de Melgaço "Centro de Estagios".
A Xunta explica nun comunicado que o espazo físico que compon a zona transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal, presenta unha serie de desafíos comúns, que requiren solucións innovadoras dentro do ámbito da cooperación transfronteiriza, que ten o seu marco legal no Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (Poctep), que persegue o afondamento e consolidación das relacións existentes, cun enfoque onde primarán os proxectos inmateriais e a aposta pola competitividade.
Un dos obxectivos principais do Poctep é a posta en común de accións tendentes a desenvolver servizos comúns na eurorrexión, en particular, no dominio do ambente e ordeamento do territorio para conseguir unha xestión máis racional dos recursos da eurorrexión, a través dla elaboración de propostas para a xestión integrada de equipamentos, estructuras e territorios.
Según a Xunta, a futura xestión compartida destes equipamentos aportaría unha serie de beneficios, como a estimulación e desenvolvementoo de servizos comúns e xestión conxunta de equipamentos e servizos a través de proxectos específicos ou mediante a superación de restriccións legais.