As accións que realiza a Dirección Xeral de Administración Local, como beneficiario nº 2 do proxecto, consistirán en dotar de contido práctico a AECT Galicia-Norte de Portugal, coa realización das actividades de posta en marcha de novos modelos de xestión de servizos colectivos de proximidade, incorporando a posibilidade de xestionar conxuntamente os equipamentos sociais, culturais e deportivos de municipios transfronteirizos de Galicia e o Norte de Portugal. Xunto coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte
A área de cooperación Galicia-Norte de Portugal encadra os siguintes ámbitos estratéxicos:
- Cooperación no ámbito mariño
- Internacionalización das PYMES da Euro-rexión
- Protección ambiental e desenvolvemento sostible
- Fomento da Cooperación e Integración Social e Cultural
noticias
2011-07-14
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Portugal co alcalde de Tui e co presidente da Cámara Municipal de Valença Gamallo e o director de Administración Local, Norberto Uzal, participaron tamén nunha xornada de difusión dos modelos de cooperación transfronteiriza

2011-07-27
O día de 27 de xullo de 2011, celebrouse en Valença de Minho, unha xornada de traballo na que se trataron os novos modelos de xestión conxunta de equipamentos sociais, turísticos, deportivos e culturais dos dous lados fronteira encadrado no proxecto 0120-CTGN-P-1 (Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal), un proxecto europeo de cooperación transfonteiriza financiado con fondos FEDER nun 75%.

2011-07-28
O concello alíase con Valença para compartir servizos e atraer fondos
2011-08-16
Afecta a Área Panorámica tudense, ao centro deportivo porriñés e un complexo luso
2011-08-16
A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal compartirá equipamentos sociais, deportivos e culturais no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (Poctep) financiado nun 75 % con fondos Feder da UE.